Swindon Artist
Swindon Artist

O luns dia 28 de mañá



Aquela mañá o dia comezou ben distinto
Era un luns festivo, a lúa chea
Sentíase ambiente polo ar

Mentres camiñaba pola nosa rúa
Botei unha olhada na calella
De pe contra o muro, había un rapaz
Tiña a cabeza para abaixo, durmia verticalmente

Cara á tenda TKMaxx pasaron silenciosamente dous coches da Policia
Ao achegarme logo a ponte baixa
Encontrei a animación da noite
Os pándegos que animaban a festa, ou quizáis voltaban á casa

O meu vello sitio preferido é debaixo dunha lámpada
Arránxeime, e sentín o compás dunha música asiática
Viña dun coche aparcado moi perto
Pasou por diante un ciclista indo á quenda
‘Pintas? Hora de durmir’

Mesmo o canto dos aves soaba forzado, grullido
O meu debuxo estaba torcido, pero persistín
Múltiples tonalidades, ducias de pinceis
Utilízoos, e logo cambio con cada cor

Tiña comezado o segundo cadro
O azul claro para o amencer
Cando se apagaron as lámpadas – game over
Era a hora de voltar, xa se foi o punto focal para hoxe

Bebín un trago de té do frasco
Esquecín mirar o horario da tenda que ía pintando
Camiñando cansadiño na rúa de Beckhampton
Vin unha figura inclinada diante de min, á procura de colillas

Na esquina pasou un tipo corplulento cara ao ximnasio
A súa rutina das 5 da mañá,
E unha cervexa para o hóspede do hotel veciño
Á casa fun eu, canso pero satisfeito.