Swindon Artist
Swindon Artist

Do tempo e o debuxo

Din que hai dúas partes do cerebro; unha máis lóxica que me axudará a navigar polo metro de Londres e chegar a San Pancras intacto, e outra que sería fonte de posibilidades creativas. Non sei virar facilmente entre as dúas, e tampouco creo que sexan totalmente exclusivas.

Porén, cónstame que cando me empezo a concentrar nun debuxo ou nunha pintura, a miña mente desfaise de todo o demais. Penso, pero non penso igual cando fago traballo artístico. Levo comigo un libriño de bosquexos sempre que me desprazo en tren. Así, cada viaxe convértese nunha oportunidade de ouro para observar e interpretar os escenarios que me rodean a diario. Tan absorbente é a tarefa que en varias ocasións esquecín e perdín obxetos importantes en tránsito: un bo sombreiro, luvas, paraugas (dúas e caras), e ata o meu carné de abono para o tren. Molesta moito pero agora me conformo co feito.

O tempo pasa, pero o tempo tampouco pasa igual cando me centro nun suxeito de debuxo. O menor movemento de luz nun recuncho, ou un xesto de aspiración do pasaxeiro de enfronte vólvense máis aparentes, máis esenciais ao momento presente.

Deixa unha resposta