Swindon Artist
Swindon Artist

Rematalas non, pero resolvelas?

“Non é cuestión de rematar unha pintura, senón de levala ata un estado de resolución satisfactorio”. Así o enunciara o sr. Jones, o noso profesor de arte nunha sesión de crítica semanal no instituto. Lémbrome daquela frase agora cando miro uns catro lenzos que teño colgados no obradoiro diante de min. Levo meses traballando neles, hora tras hora, medindo a progresión das cores e tonalidade con cada marco. É tanto un esforzo de paciencia como de habilidade, tendo en conta os dias de repouso (secado) despois de cada aplicación de óleo. Fago, deixo, volvo e engado. Ao abrir a porta do obradoiro pola mañá, miro as imaxes cun ollo fresco e préguntome de novo como están hoxe. As veces é obvio cal será o meu paso seguinte do dia. Noutras ocasións non dou, e hei deixalas máis tempo para reflexionar. Levo cometidos moitos erros por causa de impaciencia, e agora vou máis amodo. Penso na esencia dunha pintura e se me detén por interese ou emoción. A cada imaxe o seu poder visual.