Swindon Artist
Swindon Artist

Pintar de noite

manchester-road-night-time

Foi unha muller saíndo da estación de autobuses de Swindon quen me preguntara por que pintaba fóra de noite. Despois dun cacho, respondínlle que me gustaban os contrastes de luz nestas horas, entre o amarelo e laranxa dos farois, e o negro máis oscuro do ceu. Máis tarde aínda, andaba pensando nas dificultades de traballar así, ca miña lámpada de mineiro na cabeza e o carriño de compras para levar o cabalete e outros materiais á casa. Hai pouca xente que pinta de noite, con razón, co inconvinte que é. Nembargantes, de vez en cando, poden emerxer algunhas ideas origixinais nesta liña de traballo, por iso sigo con ela cando podo. Agora que chega o inverno e a escuridade pecha o dia máis cedo, Swindon enchese de oportunidades pintorescas, cando a luz artificial de farois e tendas redefine a paisaxe de rúas e tellados tradicionais. Compre saír e tentar traducilo na pintura.